10, 11 e 12 de Maio
Obradoiro de Ioga
Non vos podedes perder este dúo de dj´s que veñen dende pontevedra a facervos mover o cú!
Ika Subversiva é unha MC nacida en Segovia. Súas letras son unha crítica ao sistema e a todas as violencias sociais e persoais. Bebe do puro estilo boombap pero tamén con influencias de outros estilos como o reggae. Actual integrante do grupo Vértebras.
Como todolos anos sorteo con todo o material donado polos nosos xenerosos patrocinadores !
Volve o noso querido Penín a presentarnos as súas verbas !
Cea e concerto.
Trae os teus colegas para formar equipos nesta yincana de xogos populares! premio incluido para xs mais aventureirxs!
Masterclass de escalada en adherencia. Técnica gestual, conocimiento del cuerpo y tipos pies de gato. Aprende de la mano de uno de los mejores especialistas del mundo.
Dolfi e Pablo son dous esperimentados trepadores do Morrazo que nos darán unha pequena introducción a trepa de árbores, tamén unha comparativa de sistemas de acceso as árbores (DRT, SRT) e unha comparativa de materiais e técnicas trepa-escalada seguido dunha demostración práctica de trepa.
Faremos un achegamento á orientación astronómica e á disposición dos hemisferios celestes, vendo as constelacións do Zodiaco propias desta época (metade de primaveira), e tratando de comprender o movemento da lúa e os planetas máis próximos sobre o fondo de estrelas. Para este roteiro é neceracio levar esterillas, para poder disfrutar comodos das estrelas. Saida dende o merendeiro de Budiño.
Proxección Talo Martín
Compartireivos a miña historia dende os meus comenzos no monte, disfrutando en diferentes etapas de grandes aventuras sin limites e sempre con grandes persoas, dende Budiño a Squamish, dende o Galiñeiro a Etxauri, dende Pena Corneira a Fontainebleau, dende Ubiña a Alpes, …
Preinscrición: 20€ (ata o 28 de abril)
Despois: 25€ (dende o 29 de abril ata o 9 de maio)
O día 11 de maio poderán comprarse en persoa no merendeiro de Budiño entre as 9 e as 10 da mañá.
A inscripción inclúe unha camiseta**, picoteo para o sábado á noite e a participación nun sorteo.
** So garantizada no caso de preinscrición ou compra ata o 28 de abril, as tallas son orientativas.
Si non conseguiches adxuntar o xustificante de pago no formulario da inscripción, non esquezas enviar o xustificante por email : xuntanzabudialud@gmail.com
Titular:
Grupo de Montaña ALUD
Concepto:
Xuntanza Budiño 2024
Nº de conta:
2080 0552 04 3000026514 ABANCA
IBAN:
ES15 2080 0552 0430 0002 6514
*Só en caso de transferencias procedentes do estranxeiro:
SWIFT/BIC de ABANCA: CAGLESMMXXX
En caso de dúbida contacta connosco a traves do formularo desta páxina ou en:
* Información do carácter lúdico da Xuntanza e de que este ano non hai competición no programa
* Enviando a documentación ou recheando iste formulario aceptas nosa politcica de tratamento de datos.
Segundo o establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle que sus datos persoais obtidos mediante este documento serán empregados coa finalidade de organizar e xestionar súa participaciónna nas actividades propostas. Igualmente, informámoslle que dita información únicamente será tratada para xestionar a súa participación nas actividades conservándose sobre os mesmos a más estricta confidencialidade. Asimesmo, autoriza ao mantemento do seus datos en nosos arquivos con obxecto de poder remitirlle información no sucesivo, por calquer medio incluidos os electrónicos, sobre a celebración dos distintos eventos deportivos ou non deportivos promovidos polo Grupo de Montaña ALUD. O consentemento anteriormente otorgado se entenderá prestado en tanto non comunique a revocación do meismo. Podrá, en calquer momento, revocar o consentemento anteriormente otorgado, así como exercer seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos legalmente establecidos, dirixíndose ao responsable do arquivo: Grupo de Montaña Alud, Rua Chile, nº 19. 36202, Vigo
Recordade que a pista disporá de tránsito limitado a vehículos. Ide a modiño, especialmente á noitiña! Aparcade nos espazos habilitados. Este ano as zoas de aparcamento estarán balizadas para evitar perigos tanto a participantes coma vehículos. Coidemos á natureza! Para evitar lixos, trae da casa plato, vaso e auga suficiente. Lembremos que a fonte non é potable. Non te esquezas de recoller as cabichas!. Tes sacas e zoas limpas con separación de lixos. Ten en conta que é posible que chova ou faga frío durante a noite. Trae roupa axeitada para estar no monte. Nesta Xuntanza non contamos con competición deportiva. Se vas practicar deporte, vixia as medidas de seguridade e conta con licencia federativa ou seguro. Se marcas presas ou clecas, pásalles logo un cepillo. Trata de marcar só o imprescindible! A escalada é un deporte potencialmente perigoso onde se precisan uns coñecementos técnicos específicos por parte de quen a practica. Esta xuntanza cínguese unicamente a actividades lúdicas e formativas. A organización exímese de responsabilidade de calquera das accións de carácter deportivo que poidan ter lugar durante o transcurso da mesma.