Dende Antigo o Faro Budińo foi un punto de encontro, máxico e sagrado. Xa os castrexos celebraban xuntos o Beltaine niste sitio mesmo, dando a benvida o verán e consagrando a primavera. Seguindo seu exemplo celebramos nós a propia Xuntanza de escaladores.
Iste ano a Xuntanza e máis xuntanza ca nunca, en canto que a actividade central é xuntarmos pra pasar un un bo tempo de lecer aderezándoa con charlas formativas, un ámbito de debate de ideas e amenizada con xogos e algo de música (mentes enchemos o papo).
Queremos darvos a benvida, un ano máis, compañeiras Escaladores. Tanto as de fóra da zona, coma as que facía tempo que non viñan ou as asiduas de sempre, sede benvidos e que comece a Xuntanza.